Charlie Poole
“I'm gonna
live in the highways 'till I die
The life I aim on living's very high
Oh, sticks and stones gonna break-a my bones
Talk about me when I'm dead and gone
But I'm gonna live in the highways 'till I die”
The life I aim on living's very high
Oh, sticks and stones gonna break-a my bones
Talk about me when I'm dead and gone
But I'm gonna live in the highways 'till I die”
Charlie Poole
ocupa un lugar central entre
os pais da
música rural branca
estadounidense como xénero
comercialmente viable. O seu
nome codéase cos da Carter Family, Jimmy Rodgers, Uncle Dave Macon
ou Gid Tanner entre outros
como os criadores diso que cos anos acabaría
chamándose Country
Music.
Charlie
Poole pasou á historia como líder da string
band
The
North Carolina
Ramblers, coa que tocaba o banjo e cantaba. En realidade, parece que
Charlie, nacido en 1892 nunha familia pobre do condado de Randolph,
na Carolina do Norte rural, compaxinaba
desde pequeno
a súa afición pola música coa do baseball. Precisamente
foi practicando o “pasatempo nacional” que unha
lesión na
man dereita non só acabou coas súas aspiracións deportivas, senón
que – como
no caso de Django Reinhardt - condicionou
a súa forma de tocar o banjo, obrigándoo
a desenvolver un estilo de punteo con tres dedos que acabaría
influíndo a
moitos dos seus sucesores.
Este estilo de tocar o banjo, sumado á súa característica
voz
dotaron aos North
Carolina
Ramblers dun son distintivo,
inmediatamente recoñecible,
para o público da nacente hillbilly
music- algo
determinante para poder destacar entre as innumerables string
bands
do período -,
e permitiulles acadar unha enorme popularidade.
As
fontes de Charlie Poole: unha mistura de blues, baladas
sentimentais,
parlor songs
do século XIX, drinking
songs,
algo
de influencia irlandesa que lle viña por familia paterna, e tamén
unha boa dose de
coon songs,
particular
xénero
orixinado no seo dese
fenómeno de masas que desde metade do século XIX, e até entrado o
século XX, dominou a cultura popular estadounidense: o Minstrel
Show.
O
Minstrel Show
é, evidentemente, algo incómodo do que falar hoxe en día. Dunha
banda, representa o máis insoportable do racismo da súa época.
Doutra, a través destes espectáculos de variedades unha ampla
maioría do público branco estadounidense
tivo acceso de primeira man á música, a cultura e o humor
afroamericanos.
Os North Carolina Ramblers |
A
influencia do Minstrel
Show
na cultura mainstream
americana e sobre todo na música popular é inimaxinable.
Porque aínda que en principio o Minstrel
Show
naceu como espectáculo de variedades
que misturaba música, baile e números humorísticos con personaxes
e situación recorrentes,
cuxo tema fundamental era a representación paródica dos
estereotipos afroamericanos, representados por actores e cantantes
brancos pintados de negro – a tristemente célebre blackface
routine-,
co percurso
do tempo
máis e máis artistas
negros
se incorporaron ás
compañías que xiraban por todo o país.
E con eles, o que ao principio era imitación máis ou menos burda
de cancións e bailes transformouse en algo máis complexo, entre
outra cousas porque a parodia deixou de ser unidireccional. O
Minstrel Show converteuse nun dos poucos ámbitos sociais onde os
negros podían, á súa vez ridiculizar os usos e costumes dos
brancos. Un exemplo: o Minstrel
Show
popularizou o cakewalk,
un baile de plantación en apariencia ridículo que facía as
delicias do público branco. Probablemente non sospeitaban que o
cakewalk en
realidade facía á súa vez burla dos bailes brancos de sociedade.
E
aínda así, desde a perspectiva actual o
fenómeno do minstrel
resulta
case inexplicable: negros pintados de negro (!) interpretando a súa
música e as súas rutinas cómicas, autoparodiándose e á vez
parodiando ao seu público, as súas espectativas e os seus
estereotipos. Se
cadra un caso de retorcida
postmodernidade avant
la letre.
E
é importante, finalmente,
non caer na trampa de atribuir a etiqueta de “tradicional” á
musica de artistas como Charlie Poole. Esta
palabra é moi perigosa. Gostamos de representarnos a este tipo de
artistas como portadores de tradicións ancestrais, de
imaxinarias esencias dun pasado remoto, normalmente idealizado:
nada máis lonxe da realidade. O repertorio de Charlie Poole era puro
pop da súa época, probablemente nada do
que interpretaba
tiña máis dunhas poucas décadas.
Charlie
Poole foi ademais un dos primeiros representantes -no que ao negocio
da música popular se refire – dese arquetipo de artista de vida ao
límite e morte antes de tempo. A lexendaria capacidade de inxesta de
alcohol do noso protagonista levouno á morte con menos de cuarenta
anos, en 1931. Parece que cando morreu estaba celebrando un contrato
para ir a Hollywood a tocar nunha película.
Ningún comentario:
Publicar un comentario