Experience and Judgement (1974)
En 1974 o vocalista de Jazz Andy Bey (Newark, N.J. 1939) gravou para Atlantic o que sería o primeiro disco baixo o seu nome, Experience and Judgment. Colaborador de nomes grandes como Gary Bartz, Max Roach, Horace Silver ou McCoy Tyner, Bey xa gravara previamente un par de albumes de Jazz con influencias Soul e R&B nos anos 60 baixo o nome de Andy and the Bey Sisters, acompañado das súas irmás Salome e Geraldine Bey.
Experience and Judgement fundaméntase nun concepto totalmente diferente. Trátase dun album
moito máis aventurado e persoal, enraizado nun sorprendente estilo a
cabalo entre un Jazz máis espiritual e o Deep Funk. O son do
disco, no que predominan os medios tempos, depende en boa medida da produción
de William S. Fischer, que ademais compón case a metade dos temas e
se encarga de todo tipo de teclados – piano eléctrico, órgano,
sintetizadores, ... - ao xeito de Brian Jackson
nos álbumes de Gil Scott-Heron. Experience and Judgement semella
precisamente, en moitos dos seus cortes, unha versión Space Funk do
que contemporáneos como Stevie Wonder, Bill Withers ou o propio
Heron podían estar facendo na época.
É se cadra a parte lírica o que peor resiste o paso do tempo: misticismo, meditación, filosofía oriental, etc. Todo moi 1974. Pero é o amplo rexistro vocal de Bey, que ademais toca o piano acústico en algún dos temas, así como a súa asombrosa técnica vocal á hora de integrar as letras nas complexidades rítmicas dos temas, sumados á produción profunda, muscular e rica en texturas de Fischer, os que fan de Experience and Judgement un disco transcendente.
Descubro con asombro que Andy Bey non volveu gravar até os anos noventa. En 1991, Bey retomou a súa carreira discográfica, esta vez orientada cara a interpretación de estándars e un Jazz máis clásico, o que convirte a Experience and Judgement nunha auténtica rareza na súa discografía.

O disco interesará a fans do Rare Groove e o Jazz-Funk, e imaxino que non aos puristas do Jazz.

Ningún comentario:
Publicar un comentario