Esta cantante de Soul e Gospel naceu en Dallas, Texas, e foi descuberta por outro grande do Soul Texano, Bobby Patterson. As súas únicas gravacións non relixiosas son uns cantos singles e un LP gravados entre 1972 e 1973 en Shreveport, Louisiana para o selo Soul Power. O seu primeiro single, publicado en 1972, incluía versións de That's How Strong My Love Is, de O.V. Wright, na cara A, e Take Time To Know Her, de Percy Sledge, na cara B. O seu maior éxito de ventas chegoulle co terceiro, She Don't Have To See You (To See Through You), que chegou ao Top 30 nas listas de R&B en 1973. De todos xeitos, calquera das súas gravacións son clásicos do Southern Soul.
Pouco tempo despois da publicación do seu LP Do You Still Feel The Same Way?, Tommie Young abandonou o negocio do espectáculo para adicarse ao Gospel.
Este tema é a cara B do seu primeiro Single, e unha favorita persoal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario